Imprimir

Igualdade formal, non real

Tito Diéguez |

Galiciae | 11 de junio de 2019

COMO todos saben, desde hai uns días estase celebrando o Mundial de fútbol. España xa xogou un partido e mañá afronta o segundo. Ah, que o descoñecían; claro, é que se trata do campionato feminino. Desde un punto de vista de mercado, o deporte de mulleres aquí non xera tanto como o de homes, pero agacha unha gran discriminación, similar ao de tantos outros sectores. E non é exclusivo de España. A equiparación está distante en soldos, infraestruturas ou aloxamento, se ben algo se foi avanzando desde que as gañadoras da Eurocopa en 1989 recibiron como premio un xogo de café. Catorce anos despois xa era un bono de 60.000 euros polo Mundial. Pero a discriminación continúa. Hai uns días as campioas asturianas de squash recibiron como regalo un vibrador e un set de depilación, e iso que na Constitución española está regulado que non pode prevalecer discriminación por sexo, pero como tantos outros puntos non é real, só formal. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/igualdade-formal-non-real/20190611143431060007.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)