Incautados 450 quilos de peixes e mariscos en varios controis na costa galega

Un dos controis máis destacados tivo lugar na illa de Sálvora, na que se localizaron nasas con 15 quilos de centolla
Material incautado. GARDACOSTAS
photo_camera Material incautado. GARDACOSTAS

Axentes de Gardacostas incautaron máis de 450 quilos de peixes e mariscos que non cumprían os requisitos legais en diferentes controis na costa galega, nuns operativos nos que tamén se han requisados preto de 14.000 metros de artes de enmalle e 345 útiles. 

Segundo informa a Consellería do Mar, a ría de Arousa foi a zona na que houbo máis comisos nos últimos sete días, con 250 quilos de produtos do mar requisados e 7.900 metros de enmalle. 

Un dos controis máis destacados tivo lugar na illa de Sálvora, na que se localizaron nasas con 15 quilos de centolla, 12 quilos de polbo e un quilo de nécoras sen identificar. 

Na Costa da Morte, interviñéronse 80 quilos, 36 útiles, 5.000 metros de artes de enmalle. Malpica, Corme e Laxe foron algúns dos puntos con maior incidencia. 

Pola súa banda, na ría de Pontevedra interviñéronse 90 quilos de mariscos, mentres na ría de Vigo se requisaron preto de 20 quilos de polbo.

Comentarios