Imprimir

Incorrecións a sabendas

Tito Diéguez |

Galiciae | 23 de septiembre de 2019

A VICEPRESIDENTA Calvo asegura, con ese rictus de enfado permanente, que se votan gobernos, non coalicións. Pois non, como moitas outras grosas aseveracións desta nosa representante, non é correcta. Non lle tembla a voz para manter publicamente o que ela sabe erróneo. Os cidadáns nunca elixen gobernos, só designan a través dun sistema electoral os seus deputados, senadores, concelleiros. Nin escollen alcaldes nin presidentes, nin moito menos ministros. Pero poñamos que a vicepresidenta Calvo quixera dicir con iso que os votantes deciden gobernos, aínda que sexa de forma indirecta, iso si pode ser, se se dá unha maioría absoluta ou se dous ou varios partidos se poñen de acordo, pero non sempre o líder máis apoiado ten por que ser o presidente (Sánchez, a considerable distancia de Rajoy, puido selo cando pactou con Cs pero non sumou a Podemos, e foino logo da moción de censura). Enganos e trampas para os electores. Sen rubor.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/incorrecions-sabendas/20190923135624065467.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)