Investigan a morte dunha muller embarazada tras sufrir o ataque duns cans nun bosque

Na mesma zona organizouse ese día unha cacería
Imaxe dun can. PIXABAY
photo_camera Imaxe dun can. PIXABAY

A xustiza francesa investiga a morte dunha muller embarazada de seis meses por mor das mordeduras que lle propiciaron varios cans cando paseaba polo bosque de Retz, ao norte de París, onde se organizou unha cacería.

A moza, Elisa Pilarski, de 29 anos, morreu o sábado e pouco antes chamara á súa parella para comunicarlle que sentía ameazada por varios cans.

Cando este chegou ao lugar atopou o seu corpo cheo de mordeduras, indicaron os medios franceses.

Na mesma zona organizouse ese día unha cacería e a xustiza está a analizar tanto aos cans que participaron nela como aos propios canes da vítima, cos que estaba a pasear, para determinar cales lle causaron as feridas.

A autopsia efectuada no Instituto Médico Legal de Saint Quentin sinala que a muller faleceu entre as 13 e as 13.30 (as 12 e as 12.30 GMT) pola hemorraxia que lle provocaron as mordeduras dos cans nas pernas, os brazos e a cabeza.

A investigación abriuse por "homicidio involuntario por agresión de can".

"Prométoche que se fará xustiza. (...) Coida do noso fillo Enzo. Estades xuntos alá arriba, sen min. Non se como vou vivir sen"ti , dixo a súa parella nunha mensaxe publicada en Facebook para agradecer o apoio recibido.

Comentarios