Imprimir

Jácome chama á calma: "Que a xente quede en casa para saír adiante"

Redacción | 18 de marzo de 2020

Gonzalo Pérez Jácome. RAMSÉS (AGN)
Gonzalo Pérez Jácome. RAMSÉS (AGN)
O alcalde de Ourense afirma que as crises levan a facer cousas "diferentes" e con iso descóbrense cousas novas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, trasladou este martes unha mensaxe de responsabilidade "e tranquilidade" aos seus veciños ante a pandemia do coronavirus.

Nun vídeo gravado no seu despacho de Alcaldía, recorda que o goberno local adoptou unha serie de medidas, seguindo os criterios establecidos polo Goberno e a Xunta, para "evitar calquera tipo de contaxio" e garantir a seguridade da cidadanía.

Ademais mostrouse optimista ao sinalar que as crises obrigan á xente a facer cousas diferentes" e pon como exemplo a seca que sufriu Los Ángeles en 1975, cando as piscinas se baleiraron e inventouse o skate board", sinala facendo alusión aos novos modos de facer exercicio que debemos procurar seguir para manter unha vída saudable.

Pero por agora recalcou que é "fundamental" seguir as normas e incidiu na "necesidade de que a xente quede en casa" para evitar novos contagios e así "saír adiante".
 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/jacome-chama-calma-xente-quede-casa-sair-adiante/20200318200419075327.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)