José García Costas, positivo por coronavirus

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía permanece ingresado nun centro hospitalario
José García Costas
photo_camera José García Costas

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García Costas, deu positivo por coronavirus e permanece ingresado nun centro hospitalario, informaron a Efe fontes da organización cameral.

García Costas, de 75 anos, recibiu este xoves a confirmación do seu positivo por Covid-19.

Ademais de presidente da Cámara foi o máximo mandatario do estaleiro Barreiras ata que o pasado setembro foi destituído, xunto a outros dous altos directivos, cando se destapou a delicada situación da compañía, que solicitou o preconcurso de acredores.

Comentarios