José María Seijas: "O Black Friday vai desmontar a campaña de Nadal"

"O que se vende agora, non se volverá a vender", afirma o presidente da Federación Galega de Comercio
José María Seijas
photo_camera José María Seijas

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, opina que o "Black Friday", un "movemento que se instalou" desde hai uns anos, "vén a desmontar a campaña de Nadal do comercio local", que é a máis importante en vendas do ano.

En declaracións a EFE, Seijas recoñece que "a xente non ten présa por comprar", como o demostra o feito de que "está a subir o aforro", pero ante os descontos que inclúen as promocións do Black Friday, previsiblemente adiantarán parte das compras de Nadal.

Sucede, explica Seijas, que "o que se vende agora, non se volverá a vender" e, ademais, neste momento "cuns descontos que o comercio" local "non pode asumir" e menos na actual situación de crise.

Desde o seu punto de vista, trátase dunha campaña "totalmente contraproducente para a boa marcha do comercio".

"Non me cabe dúbida, vén a desmontar a campaña de Nadal", insiste. 

Comentarios