'Klaus', do español Sergio Pablos, gaña o Bafta a mellor película de animación

A cinta estreada na plataforma Netflix impúxose a títulos de moito peso: Frozen 2, Toy Story 4 e a A Shaun the Sheep Movie: Farmageddon (A ovella Shaun. A película: Granjaguedón
Sergio Pablo xunto á produtora Jinko Gotoh. EFE
photo_camera Sergio Pablo xunto á produtora Jinko Gotoh. EFE

Klaus, do animador e guionista español Sergio Pablos, gañou o Bafta a mellor película de animación na 73 edición dos premios da Academia Británica das Artes Cinematográficas e da Televisión.

A cinta estreada na plataforma Netflix impúxose a títulos de moito peso: Frozen 2, Toy Story 4 e a A Shaun the Sheep Movie: Farmageddon (A ovella Shaun. A película: Granjaguedón).

Pablos recolleu a prezada máscara dourada no escenario do Royal Albert Hall e agradeceu o premio a todo o mundo que "fixo posible isto".

"Grazas a Netflix por apostar por iso. Isto é un orgullo incrible para nós", asegurou.

Klaus baséase na lenda de Papá Noel para contar a historia de Jesper, un carteiro que se marcha ao ártico para abrir unha oficina de correos. 

Hai pouco máis dunha semana o filme triunfou ao grande nos premios Annie, coñecidos coloquialmente como "os Óscar da animación", ao levar sete galardóns, incluído o recoñecemento á mellor película.

O filme de Pablos, cunha longa experiencia en animación en Disney e un dos creadores da saga de Gru, competirá o vindeiro domingo por levar o Óscar á mellor película de animación fronte a How to Train Your Dragon: The Hidden World (Como adestrar ao teu dragón 3), I Lost My Body (Onde está o meu corpo?), Missing Link (Mr. Link: A orixe perdida), e Toy Story 4.

Máis de 300 persoas de 22 nacionalidades -cunha maioría de españois na parte de supervisión- traballaron para sacar adiante a historia do carteiro Jesper, o personaxe central co que Pablos conta esas orixes de Santa Claus, un proxecto no que empezou a pensar en 2010.

Comentarios