Unha mañá de xoves gris dará paso á apertura de claros a partir de mediodía

Galicia quedará na xornada do xoves nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente oeste que continuarán achegando humidade.

Desta forma, durante a mañá os ceos estarán cubertos, con posibilidade dalgunhas precipitacións débiles e a partir do mediodía iranse abrindo grandes claros.

As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas estarán en lixeiro ascenso. 

Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con algún intervalo de moderado no litoral norte. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 13° 18°, Ferrol 13° 18°, Lugo 12° 17°, Ourense 14° 20°, Pontevedra 13° 19°, Santiago de Compostela 12° 17° e Vigo 13° 20°

Comentarios