Manuel Pablo faise cargo do Fabril

O exxogador do Deportivo toma provisionalmente as rendas do filial

Manuel Pablo, con la camiseta del Deportivo. AEP
photo_camera Manuel Pablo, con la camiseta del Deportivo. AEP

O RC Deportivo destituíu este luns a Tito Ramallo, o adestrador da súa filial, o Fabril, que milita no grupo I de Segunda División B, e deixou o equipo, provisionalmente, en mans do excapitán branquiazul Manuel Pablo García.

O club galego explica nun comunicado que a súa dirección deportiva e de fútbol formativo comunicoulle ao técnico a decisión de prescindir "dos seus servizos" como preparador do Fabril.

O Deportivo agradécelle "a súa aposta e traballo" nestes meses e ofrécelle a posibilidade de continuar traballando vinculado ao fútbol formativo do club.

A entidade coruñesa explica que "ata a configuración definitiva do equipo técnico do Fabril, Manuel Pablo García", que foi xogador do Deportivo e chegou a ser internacional coa selección española, dirixirá os adestramentos do segundo equipo branquiazul.

Tito Ramallo afrontaba desde verán a súa segunda etapa como adestrador do Fabril, que a tempada pasada logrou clasificarse para a promoción de ascenso a Segunda División e no curso actual é penúltimo con catro puntos, a catro do equipo que promociona para evitar o descenso e a cinco do que marca a permanencia na categoría de bronce.

Comentarios