Galicia

Mario Casas anima a visitar a exposición sobre Mauthausen en Lugo: "É algo único"

O actor Mario Casas, que dá vida a Francesc Boix na película 'El fotógrafo de Mauthausen', divulgou un vídeo no que anima a todos a visitar a exposición sobre o campo de concentración se inaugura este xoves en Lugo. "Tedes a oportunidade de ver algo único, é algo que debe ser visto", asegura o intérprete.

O Vello Cárcere albergará este xoves, apartir das 20.00 horas, unha exposición sobre a vida de Francesc Boix. Moitas das imaxes que tomou e que conseguiu de diversos xeitos foron utilizadas como probas nos Xuízos de Nuremberg que determinaron e sancionaron as responsabilidades do réxime nacionalsocialista de Adolf Hitler nos diferentes crimes e abusos contra a humanidade cometidos en nome do Terceiro Imperio Alemán a partir do 1 de setembro de 1939 ata maio de 1945.

Comentarios