Imprimir

Polo menos dous mortos e 25 feridos no descarrilamento dun tren en Portugal

Axencias | 31 de julio de 2020

El tren siniestrado en Soure. TVI
El tren siniestrado en Soure. TVI
O convoi, un Alfa Pendular que viaxaba de Lisboa a Oporto, chocou cunha máquina que facía reparacións na vía preto de Coimbra

Un accidente ferroviario rexistrado este venres na localidade portuguesa de Soure, no distrito de Coimbra, deixou polo menos dous mortos e 25 feridos, seis deles graves.

Atendendo á información da RTP, un convoi que cubría o traxecto entre Lisboa e Oporto descarrilou sobre as tres e media da tarde hora portuguesa —catro e media en Galicia—, tras chocar contra un vehículo de reparación de catenarias que estaba traballando na liña.

Fontes da Autoridade Nacional de Emerxencias e Protección Civil informaron a Efe de que o número de víctimas non é definitivo. 

O tren sinistrado é un Alfa Pendular, que pode alcanzar os 220 quilómetros por hora, e cubría o traxecto Lisboa-Oporto con 240 pasaxeiros a bordo.

O accidente levou a habilitar un hospital de campaña no pavillón municipal.

Haberá ampliación

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/menos-muerto-treintena-heridos-descarrilamiento-tren-portugal/20200731181442082577.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)