O primeiro e agardado disco de Miriam Rodríguez xa ten data de lanzamento: o 23 de novembro. A artista eumesa anunciouno este luns en redes sociais.
O primeiro traballo da terceira finalista de Operación Triunfo 2017, gravado en Los Ángeles, levará por título Cicatrices. A moza xa adiantou varias datas da súa xira e os seus seguidores apuraron a mercar as entradas, xa esgotadas en numerosas cidades como A Coruña, Vigo, Santiago, Madrid ou Xixón.
EXITOSA CARREIRA. Desde a súa saída da Academia, a galega publicou dous singles. O primeiro foi Hay algo en mí, canción que forma parte da banda sonora da cuarta tempada de Vis a Vis, serie na que a cantante fai un cameo.
Recentemente, Miriam Rodríguez estreou novo tema. Trátase de ¡No!, unha balada composta a medias co cantante Pablo López.