Imprimir

Un mozo de 19 anos morre afogado en Xixón tras intentar salvar á súa noiva

EFE | 24 de junio de 2020

Zona onde de produciu o incidente. EFE
Zona onde de produciu o incidente. EFE
A rapaza puido ser rescatada por Salvamento Marítimo

A Policía Nacional recuperou a madrugada deste mércores o corpo sen vida dun mozo de 19 anos que onte foi arrastrado polo mar cando se estaba bañando na praia de San Lorenzo, en Xixón. O falecido morrería afogado cando trataba de salvar á moza, que foi rescatada polo persoal de salvamento.

O corpo foi avistado preto da beira sobre as 00:30 horas por un socorrista que participaba nos labores de procura na zona da escaleira 2 do areal, informaron fontes da Comisaría de Xixón.

Ao lugar dirixíronse axentes do grupo atención cidadá da Policía Nacional, que recuperaron o corpo coa axuda do socorrista.

O mozo foi arrastrado pola corrente á primeira hora da tarde deste martes cando se estaba bañando con outra moza de 16 anos que si puido ser rescatada.

O persoal de salvamento de praia deu a voz de alarma cando observou á parella en dificultades pola marea.

Nun primeiro momento logrouse rescatar á moza nas inmediacións da escaleira 1 da praia, cerca do Club de Regatas.

O operativo de procura ampliouse para buscar ao mozo con efectivos de Bombeiros, Cruz Vermella, Garda Civil, salvamento de praias e Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Helimer. 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/morre-afogado-mozo-19-anos-xixon-intentar-salvar-sua-noiva/20200624195136080355.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)