Imprimir

Morre a galega Araceli Oubiña, símbolo de loita contra o cancro de mama

Efe | 21 de octubre de 2020

Araceli Oubiña, durante unha das súas escaladas. AECC
Araceli Oubiña, durante unha das súas escaladas. AECC
A muller faleceu aos 53 anos como consecuencia dun tumor que padecía desde 2013

A deportista Araceli Oubiña, símbolo da loita contra o cancro de mama metastásico, faleceu aos 53 anos, informou a súa contorna, como consecuencia do tumor que ela mesma padecía desde o 2013.

Desde que lle diagnosticaron a enfermidade, Oubiña, que exerceu como logopeda na Unidade de Disfaxia do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chup), envorcouse en favor da concienciación e da xeración de recursos en favor da investigación contra o cancro de mama metastásico (CMM).

En 2015, recentemente terminado o tratamento de quimioterapia, a deportista cambadesa –que residía en Vilagarcía– decidiu participar na primeira edición do Reto Pelayo Vida, unha experiencia deportiva que consistiu en subir o Kilimanjaro, no nordés de Tanzania.

"Aquela proba axudoume a seguir adiante na vida", recordaba a miúdo Araceli Oubiña, quen hai unhas semanas presentou a última campaña da Asociación de Cancro de Mama Metastásicona que ela tivo un papel determinante.

Tívoo ao porse en contacto con Kevin Weatherill, vocalista da banda británica Inmaculate Fools, para que puxese música coa súa canción Wonder of things ao vídeo promocional.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/morre-galega-araceli-oubina-simbolo-loita-cancro-mama-metastasico/20201021132554086190.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)