Morre un home en Zas ao estrelarse un vehículo contra o tractor que conducía

A vítima é un home de 78 anos que circulaba pola estrada AC-430

Un home de 78 anos de idade faleceu na tarde deste xoves no termo municipal de Zas despois de que un turismo impactase co tractor que conducía.

O suceso ocorreu ás 19:40 desta tarde no quilómetro 2 da estrada AC-430.

A Garda Civil explicou que se están instruíndo dilixencias para esclarecer as causas que motivaron o sinistro.