Morre un montañeiro español que descendía do Chukyima Go, no Himalaya 

Un compañeiro que descendía o mesmo tramo foi rescatado con vida 
Montaña no Himalaya. PIXABAY
photo_camera Montaña no Himalaya. PIXABAY

Luis Felipe Valverde, un montañeiro español de 44 anos, faleceu este sábado mentres descendía do Chukyima Go, unha montaña de 6.259 metros de altura situada no Himalaya, segundo informou o medio local The Himalayan Times. 

O español perdeu a vida despois de precipitarse pola garganta que descendía tras conseguir chegar á cima o venres. Outro montañeiro, que descendía o mesmo tramo, foi rescatado con vida, segundo a policía local. 

Foron necesarios dous helicópteros para transportar o cadáver de Valverde e ao resto de montañeiros, que foron transportados a Charikot, unha localidade situada no nordés de Nepal. 

Pouco despois, o corpo do español foi trasladado ao Hospital Universitario Tribhuvan para realizar a súa autopsia.