Morre o porteiro do Baíña FS de Baiona durante un partido

O suceso produciu unha gran consternación entre os presentes

O porteiro do Baíña FS de Baiona, Marcos V.S., faleceu este sábado cando disputaba co seu equipo un encontro contra o Gándara Guillarei de Tui.

O suceso causou unha gran consternación entre os asistentes ao encontro. A Real Federación de Fútbol Galego transmitiu o seu pésame a achegados ao xogador.