O corpo sen vida do home de 60 anos ao que buscaban desde este mesmo luns no municipio coruñés de Ribeira foi localizado a última hora da xornada.
A asociación SOS Desaparecidos informou en redes sociais da desactivación da procura deste home, identificado como Manuel Sieira Martínez, ao ser localizado o seu corpo sen vida.
❌ DESACTIVADA #desaparecido #sosdesaparecidos #Missing #España #Ribeira #ACoruña pic.twitter.com/TYmBGXxN70
— 𝐀𝐋𝐄𝐑𝐓𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐀𝐏𝐀𝐑𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 (@sosdesaparecido) February 24, 2020
A mesma asociación reclamara colaboración para a súa localización. Segundo o aviso publicado en Twitter, é un home que mide 1,65, de "complexión grosa" e levaba vestido un chándal azul no momento da súa desaparición.
Ademais, SOS Desaparecidos informaba que Manuel Sieira Martínez tiña ollos e pelos castaños e unha prótese en dedos da man dereita.