Vídeos

O susto dunha muller que gravou en TikTok o momento no que un intruso entra na súa casa

O susto dunha muller, que casualmente gravou un intruso coándose na súa casa, fíxose viral. A muller estaba a se gravar bailando no salón da súa vivenda cando se decatou de que un home asomaba pola porta do seu balcón. Asustada, pregúntalle quen é, ao que el respóndelle que un amigo, algo que ela nega con vehemencia, xusto antes de agarrar a cámara e saír pola porta do seu domicilio para pedir auxilio á veciña.