Imprimir

Nace 'Referentes Galegas' para visibilizar as profesionais nos medios

Europa Press | 17 de diciembre de 2018

Presentación de 'Referentaes Galegas', na Cidade da Cultura.XOÁN REY (Efe)
Presentación de 'Referentes Galegas', na Cidade da Cultura. XOÁN REY (Efe)

O directorio promoverá "a igualdade desde o principio" para unha sociedade "xusta e máis rica"

O directorio Referentes Galegas presentouse en sociedade como unha ferramenta para "visibilizar e dar a coñecer" o traballo mulleres profesionais "de referencia" entre as novas xeracións e darlles presenza en medios de comunicación, mesas e círculos de debate.

No acto, celebrado na Cidade da Cultura e conducido pola presentadora Silvia Jato, interviñeron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes.

Ademais, Mónica Peláez e Lida Enrich, membros da directiva de Executivas e coordinadoras de Referentes Galegas, deron detalles do proxecto, antes de dar paso ao debate de referentes no que interviñeron mulleres do ámbito empresarial, político e educativo.

Na presentación, Silvia Jato destacou que a visibilización das mulleres é "unha necesidade que non entende de política" e que ten que ser "palmaria". "Non existe ningunha dúbida de que as mulleres teñen que estar presentes", remarcou a presentadora de televisión.

REFERENCIA PARA AS MÁIS NOVAS

Carla Reyes sinalou que, hoxe en día, as nenas e as mozas "teñen bloggers e influencers nas que mirarse", pero "cando teñen que escoller futuro profesional, non atopan referencias". Ao seu parecer, isto supón "unha barreira para alcanzar a igualdade".

"Hai mulleres destacadas en todos os ámbitos da sociedade"

A presidenta de Executivas lamentou que haxa "programas de congresos, xornadas e mesas de debate nas que só participan homes", e lembrou que "hai mulleres destacadas en todos os ámbitos da sociedade".

Neste sentido, explicou que o obxectivo deste directorio é funcionar como unha guía, de modo que se consiga unha "maior presenza de mulleres en medios de comunicación como fontes e expertas, pero tamén noutros lugares nos que se crea opinión".

Reyes subliñou que "a igualdade implica unha sociedade máis xusta e tamén máis rica", e asegurou que "Referentes é un proxecto vivo que seguirá crecendo día a día".

PERDA DE TALENTO EN GALICIA

Acto seguido tomou a palabra Alfonso Rueda, que admitiu que a visibilización das mulleres na sociedade "é algo que tiña que estar a funcionar desde hai tempo" e que "había un baleiro máis que evidente" con directorios "que non respondían á realidade".

O vicepresidente avogou por "cambiar a situación" e darlle ás mulleres "voz e o protagonismo que merecen". "Hai moitos homes que fan as cousas moi ben, pero tamén mulleres", engadiu.

"Se debe promover a igualdade desde o inicio"

Rueda expresou o seu desexo de que a ferramenta "sexa útil para medios e organismos" de modo que "se consiga que as mulleres poidan colaborar e participar" para que "nas mesas estean os mellores e tamén as mellores". 
Tamén salientou na necesidade de conseguir dotar ás máis novas de referentes, e argumentou que "se debe promover a igualdade desde o inicio".

"Galicia se está perdendo a mulleres con moitísimo talento"

Alfonso Rueda alertou de que "Galicia se está perdendo a mulleres con moitísimo talento", e lembrou que hai "magníficas científicas" ás que "hai que visibilizar".

OBXECTIVO SUPERADO

Marta Peláez e Lida Enrich explicaron como funciona o directorio e os requisitos para formar parte da base de datos que dá contido á guía.

Peláez asegurou que "se cumpre un soño" e celebrou superar o obxectivo de inscritas no primeiro ano: "Queriamos chegar a cen mulleres antes de final de ano e xa levamos 170", sinalou. Coa mirada posta no futuro, puxo o listón en "500 mulleres o próximo ano". 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/cultura/nace-referentes-galegas-visibilizarar-profesionais-nos-medios/20181217215739048762.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)