Imprimir

A Nasa alerta dun asteroide "potencialmente perigoso" que se achega á Terra

Redacción | 21 de julio de 2020

Un asteroide.EP
Un asteroide.EP
Trátase dun corpo espacial duns 170 metros de alto

A Nasa emitiu unha alerta polo asteroide denominado 2020ND, detectado o 19 de xullo, e que se prevé que pase preto da Terra, incluso poida impactar, o día 24. O corpo espacial ten 170 metros de alto e viaxa a 48 mil quilómetros por hora.

A Nasa cualificouno como "potencialmente perigoso" e está a vixiar a súa traxectoria antes dese achegamento á Terra, xa que coa súa ruta actual aproxímase a 0,034 unidades astronómicas, é dicir, 5.086.327 quilómetros.

"Os asteroides potencialmente perigosos defínense en base a parámetros que miden a probabilidade que teñen de facer achegamentos ameazantes. Os que teñan unha distancia mínima de intersección á órbita de 0,05 unidades astronómicas ou menos se considera que entran nesta clasificación", explicou a Nasa nun comunicado.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/Cronica/nasa-alerta-dun-asteroide-potencialmente-perigoso-achega-terra/20200721205542081937.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)