Neira Cruz recibe o Premio de Narrativa Breve Repsol 

O escritor e xornalista santiagués gañou a XI edición do certame coa obra O sono das sereas

 

Xosé Antonio Neira Cruz, nunha imaxe de arquivo. AEP
photo_camera Xosé Antonio Neira Cruz, nunha imaxe de arquivo. AEP

O escritor santiagués Xosé Antonio Neira Cruz foi galardoado este mércores na XI edición do Premio de Narrativa Breve en Lingua Galega pola súa obra O sono das sereas.

No acto, celebrado na sede da Fundación Paideia, estiveron presentes o vicepresidente da Fundación Repson, Ignacio Egea; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Ademais de realizar a entrega da dotación económica do premio —12.000 euros—, durante o acto presentouse aos asistencias a obra publicada por Galaxia, que xa está nas librerías.

Xosé Antonio Neira Cruz é xornalista, escritor e profesor de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais das súas publicacións científicas, escribiu máis de 30 obras literarias.
 

Comentarios