Opinión

Non se pode insultar nazis, negros si

NON SEI SE Zozulya é nazi, espero que non, pero pola rede non é difícil atopar imaxes nas que aparece con simboloxía hitleriana. El defende que non é, aínda que sinale un 14-88 (14 polo número de palabras dunha frase dun supremacista branco e 88 da dobre letra oitava do alfabeto, HH, Heil Hitler), e en outras igual de significativas.

O caso é que por chamarlle nos graderíos dun campo de fútbol "puto nazi" foi suspendido un partido, algo que non ocorrera os centos de veces anteriores nas que a algún futbolista se lle chamou "puto negro", nin as ducias de ocasións nas que Piqué foi insultado alí por onde pasou como visitante, nin cando se cantou a pleno pulmón contra un afeccionado asasinado por un nazi que ía "cazar vascos".

Está claro que algunha vez tiña que ser a primeira, porque nos escenarios deportivos óese de todo, pero é chamativo que nun partido da Liga, dirixida por un avogado de extrema dereita, se tomara a decisión por insultar un nazi.

Comentarios