Imprimir

Novos casos de reaccións alérxicas en comedores de escolas en Cangas e A Coruña

Efe | 05 de noviembre de 2019

Un comedor escolar. XESÚS PONTE
Un comedor escolar. XESÚS PONTE
O cátering está xestionado pola empresa responsable do menú que hai dúas semanas ocasionou máis de 40 intoxicacións en varios centros galegos

A Consellería de Política Social investiga os novos casos de reaccións alérxicas detectadas este martes nunha decena de escolas infantís A Galiña Azul –rede dependente da Xunta– cuxos comedores están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nas escolas onde se produciron varias intoxicacións hai dúas semanas unha palometa servida en mal estado. 

Segundo sinalan fontes do Goberno galego, nenos dunha decena de centros da comarca da Coruña e Cangas sufriron unha reacción alérxica leve tras inxerir os alimentos do menú, composto por unha crema de brécol con cabaza e lombo de pito con macarrones. 

Política Social informa que técnicos de Sanidade tomaron mostras do menú (que, din, foi cambiado ao rexistrarse os primeiros casos) para investigar a orixe da reacción e estudar a súa posible relación co episodio rexistrado a finais do mes de outubro. 

E é que os comedores das escolas infantís nos que se produciron estes novos casos están xestionados pola mesma empresa que se encarga do cátering nos centros A Galiña Azul nos que polo menos 41 alumnos resultaron intoxicados tras inxerir un prato de palometa. 

Así, os técnicos de Sanidade tamén se presentaron na sede desta empresa. Fontes de Política Social cualifican o sucedido de intolerable "" e abren a porta a adoptar "todas as medidas que sexan necesarias". 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/novos-casos-reaccions-alerxicas-comedores-escolas-cangas-coruna/20191105220041068107.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)