Nubes e claros para comezar a semana

Previsión para este luns. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este luns. METEOGALICIA

Despois do paso dunha fronte durante a xornada do domingo, xa este luns Galicia irá quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica.

Con esta situación, espéranse ceos con alternancia de nubes e claros, con menos nubes canto máis ao sur e con posibilidade dalgún chuvasco ocasional illado.

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre moderado e notable, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no terzo norte. Os ventos soprarán variables, frouxos en xeral.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 8°/15°
Ferrol 9°/18°
Lugo 6°/16°
Ourense 6°/20°
Pontevedra 9°/17°
Santiago 7°/17°
Vigo 9°/19°.

Comentarios