Galicia vive o último día completo do verán, antes da chegada do outono o martes, baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste da comunidade. Así as cousas, as previsións de Meteogalicia apuntan a que este luns será unha xornada de intervalos nubrados e chuvascos ocasionais, cunhas precipitacións que serán máis probables pola tarde e canto máis ao norte e ao leste da comunidade.
Nun día no que o vento soprará frouxo e de dirección variable, as temperaturas máximas non experimentarán grandes cambios, mentres que as mínimas rexistrarán un lixeiro descenso.
Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña 15° 21°
Ferrol 15° 22°
Lugo 14° 24°
Ourense 13° 25°
Pontevedra 14° 23°
Santiago 14° 22°
Vigo 16° 24°
Ferrol 15° 22°
Lugo 14° 24°
Ourense 13° 25°
Pontevedra 14° 23°
Santiago 14° 22°
Vigo 16° 24°