Martes de nubes e temperaturas en descenso

Este martes debilitaranse as condicións anticiclónicas sobre Galicia ao retirarse o aire cálido coa entrada dunha fronte polo norte. Así, o ceo estará parcialmente cuberto no terzo norte sen descartar algunha precipitación feble e ocasional, con ceo alternando nubes e claros na metade sur. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado nas Rías Baixas. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas terán un descenso entre moderado e notable. Deste xeito, as máximas subirán até os 26 graos en Ourense e as mínimas descenderán até o nove graos en Lugo.