Pai e filla rescatan no seu kaiak a un corzo en Cedeira

Corzo rescatado en Cedeira.TVG
photo_camera Corzo rescatado en Cedeira.TVG

Un pai e a súa filla rescataron a un corzo que se atopaba no mar en Cedeira.

O animal debeu de caer á auga nalgún punto próximo a punta Robaleira, segundo apunta a TVG.

Pai e filla atopábanse na kaiak cando deron co animal e, con algunhas dificultades, conseguiron guiar ao animal ata a praia da Magdalena de Cedeira.