Imprimir

Patriotas

Tito Diéguez |

Tito Diéguez | 17 de marzo de 2020

AS CRISES é onde aflora o mellor e o peor, individual e colectivamente. E nesta non é excepción. Os xenófobos transparéntanse, como a exconsellera catalá Ponsatí ao tuitear un repulsivo "de Madrid ao ceo" polos falecidos na capital, ou como o secretario xeral de Vox referenciando os seus "superiores" xenes españois en loita contra os virus chineses, cando varios cidadáns procedentes do país no que se orixinou o Covid-19 foron máis patriotas ao repartir material sanitario onde se necesitaba que os miles e miles de españois que en vez de quedarse nas súas casas se espallaron por toda a Península nunha mostra suprema de egoísmo mesquiño desprovisto dun patriotismo que se lles podería presupoñer por bandeira no pulso. Defender un país é máis que un postureo simbólico, neste caso máis que nunca é unha mostra na que quedaron retratados demasiados dos que se lles enche a boca de España pero en vez de protexela atácana con decisións imprudentes que afectan ao colectivo, non ao territorio, senón aos habitantes, que é o transcendente.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/patriotas/20200317145012075223.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)