Pedro Sánchez acepta un debate a cinco que inclúa a Vox

Ábalos confírmao: "É o que toca"
Pedro Sánchez sale del Congreso. EMILIO NARANJO (EFE)
photo_camera Pedro Sánchez sale del Congreso. EMILIO NARANJO (EFE)

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, aceptará participar nun debate a cinco cos líderes dos principais partidos, PP, Ciudadanos, Unidas Podemos e Vox.

O secretario de Organización do PSOE, José Luís Ábalos, quere que na campaña electoral para o 10 de novembro haxa debate a cinco: "Un debate a cinco haberá que facelo seguro, é o que corresponde".

En rolda de prensa tras a Executiva Federal do PSOE que este xoves abordou a estratexia do partido de cara ás eleccións do 10-N, Ábalos explicou que a súa formación "asume o novo proceso para lograr unha mobilización total" cunha campaña "propositiva", afastada da "confrontación" e "austera" xa que se reduce o 30 por cento do gasto.

Ábalos informou de que o sábado 28 celebrarase o Comité Federal, máximo órgano de congresos, que acorda mandatar á Comisión de listas as candidaturas para o 10-N, que practicamente serán as mesmas que o 28 de abril agás aquel candidato que non queira seguir por asumir outra responsabilidade. 

Comentarios