Imprimir

Unha persoa falecida e dúas feridas despois de bater contra unha cabina na peaxe

Redacción | 18 de enero de 2020

O suceso aconteceu na AP-9F en Bergondo

Unha persoa perdeu a vida e outras dúas resultaron feridas, unha delas de consideración, ao colidir un turismo contra a cabina da peaxe da AP-9 de Guísamo, en Bergondo.

O sinistro produciuse ás 11:30 horas desta mañá. Foi a esa hora, cando varios usuarios da vía solicitaban ao 112 Galicia asistencia sanitaria urxente por mor dun coche que colidiu contra a peaxe da autovía. Indicaban que no interior do vehículo e na cabina, posiblemente, habería persoas atrapadas.

Axiña, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Betanzos, desprazáronse ata ao lugar. Así mesmo, solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da autoestrada.

A pesar dos esforzos do equipo médico desprazado no lugar, finalmente, confirmaban ao 112 Galicia o falecemento da copiloto do vehículo. Tanto o condutor como a traballadora foron evacuados polos profesionais sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/persoa-falecida-duas-feridas-despois-bater-cabina-peaxe/20200118133334072082.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)