Petrovic completa o Camiño de Santiago

O croata, entrendar da selección brasileira de baloncesto, recorda a última vez que estivo en Compostela, fai 42 anos

Aleksandar Petrovic (izquierda) a su llegada al Obradoiro, junto a Nava Castro. LAVANDEIRA JR.  (Efe)
photo_camera Aleksandar Petrovic (izquierda) a su llegada al Obradoiro, junto a Nava Castro. LAVANDEIRA JR. (Efe)

O croata Aleksandar Petrovic, adestrador da selección absoluta brasileira de baloncesto, chegou este xoves á praza do Obradoiro de Santiago de Compostela tras completar a quinta e última etapa de El Camino acaba en Obradoiro, que iniciou o pasado domingo na localidade portuguesa de Valença.

Acompañado da expedición que lle acompañou ao longo destes cinco días, o irmán do falecido Drazen Petrovic foi recibido polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen lle regalou un pin coa cuncha da vieira, o símbolo do peregrino.

"Logo de 42 anos estou de novo en Santiago. Por aquel entón comezou a miña carreira como xogador profesional. Vin aquí con Iugoslavia a disputar o Campionato de Europa Junior e conseguimos o ouro. é moi bonito volver estar aquí", recordou Petrovic.

O croata revelou que nesta última etapa quixo "estar un pouco máis só" pola proximidade do 7 de xuño, data na que se cumprirán 25 anos da morte do seu irmán Drazen, lenda do baloncesto europeo.

"Estiven pensando moito nel. Só quero agradecer de novo ao Monbus Obradoiro que me deu a oportunidade de facer o Camiño de Santiago", afirmou.

Comentarios