Imprimir

Piden a Sanidade que se inclúa os gardiacivís nos tests masivos

Redacción | 22 de mayo de 2020

Un coche da Garda Civil. ARQUIVO
Un coche da Garda Civil. ARQUIVO
As técnicas pooling aplican test PCR a varias mostras simultaneamente

A Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) solicitou á Consellería de Sanidade, a través dun comunicado, que inclúa os axentes do instituto armado en Galicia no sistema de control masivo do Covid-19 que aplicará sobre diversos colectivos profesionais.

A AUGC dirixiuse directamente ao conselleiro Jesús Vázaquez Almuiña, para facer esta petición, expondo que a profesión de axente da Garda Civil debe considerarse de risco, dada a alta exposición que dun colectivo "que está en contacto diario con numerosas persoas de gran vulnerabilidade" comenta o texto.

Por iso, pide que se lles inclúa no plan para aplicar os controis a través de técnicas de em "pooling", que consisten en realizar un análise simultánea por PCR a un conxunto de mostras de diferentes individuos co fin de garantir que o virus non estea a circular en determinadas ámbitos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/piden-sanidade-inclua-guardiaciviles-nos-tests-masivos/20200522223121078530.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)