Piñeiro reaparece para pedir colaboración para unha causa solidaria

O presentador da TVG subiu un vídeo a Instagram para dar a coñecer a labor da asociación Bicos de Papel e invitar aos seus seguidores a colaborar coa causa

Xosé Manuel Piñeiro. INSTAGRAM
photo_camera Xosé Manuel Piñeiro. INSTAGRAM

Xosé Manuel Piñeiro reapareceu esta semana nas redes sociais tras varios meses alonxado da televisión a causa dun cáncer polo que está sendo tratado.

O presentador da TVG subiu un vídeo a Instagram para dar a coñecer a labor da asociación Bicos de Papel e invitar aos seus seguidores a colaborar coa causa. "Quero convidarvos a un acto moi solidario e que me apetece moito que compartades comigo e con todas as persoas que imos estar alí", apuntou Piñeiro.

"Trátase de colaborar con Bicos de Papel, una asociación que quere construír un parque infantil na área oncolóxica infantil do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Para eso precísanse cartos e para iso hai unha cea solidaria no Hotel Pazo dos Escudos o día 14 de xuño", explicou o comunicador. 

O showman ourensán anunciou en novembro do año pasado que lle diagnosticaran un cancro que le obligada a alejarse temporalmente de las cámaras.

Comentarios