Imprimir

Polémica en Carril pola celebración de misas con afluencia de fregueses

Efe | 20 de abril de 2020

2020042016242259141
Igrexa Santiago Apóstolo de Carril. DP
O Concello de Vilagarcía apela " responsabilidade" dos veciños 
O Concello de Vilagarcía apela " responsabilidade" tras a polémica desataca pola celebración de actos relixiosos en Carril con afluencia de fregueses.

Polo menos cinco persoas acudiron este domingo á misa ofrecida polo cura de Carril na igrexa de Santiago Apóstolo, tal e como captou un veciño da zona nun vídeo no que se lle escoita increpalas cando saían do templo.

Unhas imaxes que correron como a pólvora nas redes sociais, nas que se varios usuarios criticaron o comportamento "incívico" destes fregueses.

Non é a primeira vez que acoden a celebrar misa ou a rezarlle a San Roque, a pesar do estado de alarma.

O goberno local de Vilagarcía recorda que o decreto polo que se declarou o estado de alarma permite certos actos relixiosos e de culto, a condición de que se cumpran unhas normas de seguridade, como evitar aglomeracións e o respecto das distancias de seguridade.

Incide en que a decisión de celebrar ou non misas presenciais "corresponde ás autoridades eclesiásticas de cada zona".

Dito isto, pide "responsabilidade" porque "o que debe primar para todos é o coidado da saúde e a protección das persoas, evitando todo tipo de risco". 
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/polemica-carril-pola-celebracion-misas-afluencia-fregueses/20200420204643076828.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)