O polémico profesor da USC que apoia á Manada, detido por agredir a dous policías

Luciano Méndez pasou unha noite no calabozo e quedou en liberdade tras protagonizar un estraño incidente

Luciano Méndez, escoltado por un guarda de seguridad. EL CORREO GALLEGO
photo_camera Luciano Méndez, escoltado por un guarda de seguridad. EL CORREO GALLEGO

Luciano Méndez, o polémico profesor da USC que defendeu a absolución de A Manada, foi detido o pasado mércores e pasou nunha noite no calabozo tras protagonizar un incidente con dous policías.

Segundo informa un diario coruñés, o docente, que saltara á fama por criticar o escote dunha alumna, acudiu á comisaría de Santiago a denunciar o roubo do seu coche.

O que sucedera, segundo a versión deste xornal, é que, tras apearse do vehículo para facer uns recados, o docente regresou e non viu o turismo porque a súa acompañante o movera ao estar aparcado nun lugar no que non estaba permitido. 

Cando acudiu a comisaría a denuncialo, apareceu a súa acompañante para explicar o ocorrido, pero o docente perdería os nervios. Tras pasar a noite no calabozo, quedou en liberdade logo de comparecer ante o xuíz.

Comentarios