Deporte General

O polémico vídeo da nova fichaxe do Celta, unha presentadora e unha cenoria relada

A nova fichaxe do RC Celta de Vigo, Fedor Smolov, foi máis noticia nos últimos tempos por temas extradeportivos que polo seu rendemento no campo. Chamado a liderar o fútbol ruso, a carreira do xa dianteiro celeste viuse estancada á vez que a súa popularidade no mundo do corazón disparábase.

Disto último ten boa parte de culpa os seus romances con diversas modelos famosas no seu país, pero tamén controvertidas escenas como a que protagonizou o pasado ano nun programa de televisión, cando Smolov relou unha cenoria directamente sobre a boca da presentadora Olga Buzova.