O volcán da illa de strong Estrómboli, no sur de Italia, rexistrou este mércores unha serie de violentas explosións coas que expulsou rocas, cinza e lava, provocando polo menos un morto e un ferido.
A erupción provocou unha enorme columna de denso fume branco visible desde os arredores da illa
A explosión produciuse a media tarde e a expulsión de roca e de cinza provocou algúns incendios nas faldras do volcán, indicaron as fontes da Protección Civil da rexión de Sicilia, que se encarga de controlar a situación. Ademais, subliñaron que a actividade volcánica segue "en curso".
A explosión provocou escenas de medo entre os turistas que se atopan nesta illa do Tirreno, no municipio de Ginostra, e algúns mesmo se lanzaron ao mar, segundo os medios locais.
Á illa chegaron os bombeiros para apagar os incendios, mentres que a Garda Costeira está preparada para evacuar a quen desexe abandonala.
A erupción provocou unha enorme columna de denso fume branco visible desde os arredores da illa.
O volcán Estrómboli, no arquipélago das illas Eólicas e un dos poucos que se mantén en actividade, ten unha altura de 927 metros, pero baixo o nivel do mar calcúlase que conta con en torno os 3.000 metros.