Opinión

Poñer orde

NON É UNHA comunidade calquera, é a da capital do Estado e a terceira máis poboada. E ademais, o lugar desde onde en moitos casos se propagou o covid polo resto do país. Por iso desta volta Madrid, que equivocadamente se arroga en excesivas ocasións ser sinónimo da totalidade, ten que poñer freo ao virus para si mesma e porque a cura da autonomía auxilia na mellora do resto. Os anuncios de aumento de dotacións sanitarias feitos en plena pandemia e despois non se cumpriron e xunto ao relaxamento das relacións leva a unha situación insostible que requiriu decisións drásticas con coordinación institucional. Á presidenta madrileña, principal oposición ao Goberno central por riba do seu propio partido, non lle queda outra que botar man de quen tanto ataca porque por si soa é incapaz, e aínda así atrévese a culpar aos demais por moito que cando había estado de alarma demandaba competencias e agora que as ten clama por axuda externa.

Comentarios