Pontevedra dá de alta ao primeiro paciente "curado" de coronavirus

Trátase dun transportista de Meis de 45 anos que foi ingresado hai dúas semanas no Hospital Montecelo en estado "grave" tras unha viaxe a Madrid
O doutor Baloira (de verde) con parte do seu equipo do servizo de Neumoloxía do CHUP. DP
photo_camera O doutor Baloira (de verde) con parte do seu equipo do servizo de Neumoloxía do CHUP. DP

Primeiro alta hospitalaria a un paciente "curado" de coronavirus. O servizo de Neumoloxía, que dirixe o doutor Adolfo Baloira, enviou á súa casa ao un veciño de Meis de 45 anos que ingresara hai dúas semanas no Hospital Montecelo en estado "grave" tras unha viaxe a Madrid. "Esta alta supón un raio de esperanza para os sanitarios e a sociedade", explican fontes do Sergas.

O enfermo, que é transportista, foi o primeiro caso positivo de Covid-19 do área sanitaria de Pontevedra. Logo de acudir en dúas ocasións ao centro de saúde de A Parda, finalmente foi atendido e ingresado en Montecelo.

O seu caso obrigou a activar o protocolo de illamento a dous profesionais sanitarios da Parda: un médico do Punto de Atención Continuada e un facultativo do centro de saúde. Este último atendeu ao paciente o pasado 6 de marzo (venres) a través dunha cita urxente. Dous días máis tarde, o 8 de marzo (domingo), o paciente foi illado na sétima planta de Montecelo. O seu diagnóstico era o dunha pneumonía bilateral. 

O 9 de marzo (luns) ao mediodía, o sanitairo que o atendeu na Parda foi informado de que tivera un contacto de risco. A partir do caso por coronavirus, cuxa primeira proba deu positivo o domingo 8 de marzo, fontes sanitarias afirmaron a Diario de Pontevedra que o médico mantivo a actividade de consulta ata media tarde. A partir de entón, e tras activarse o correspondente protocolo de prevención tras as queixas do profesional, ao facultativo ordenáronlle permanecer en corentena domiciliaria.

Comentarios