PP e PSdeG rexeitan de novo a tarifa eléctrica galega proposta polo BNG

A primeira votación do ano no Parlamento acabou sen acordo

Ana Pontón. PEPE FERRÍN
photo_camera Ana Pontón. PEPE FERRÍN

A primeira votación do ano no Parlamento acaba sen acordo: PP e PSOE tombaron a proposicion de lei do BNG para pedir unha nova regulacion eléctrica para "salvar" ás empresas galegas.

Esta iniciativa tiña como obxectivo, explicou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, "apostar por un novo marco enerxético claro e estable" que permitise "competir" ás empresas electrointensivas radicadas en Galicia cuns prezos estables e establecer ademais mecanismos de compensación polo excedente de produción enerxética existente nesta autonomía.

Estas medidas estaban amparadas por outra serie de actuacións para favorecer a sustentabilidade e o autoconsumo e para "acabar coa pobreza enerxética que existe en Galicia, segundo apuntou a dirixente nacionalista ao longo da súa exposición.

Así pois, a líder do BNG expuxo unha nova relación de Galicia co Estado en materia de enerxía, que ademais da xa mencionada tarifa eléctrica propia, permita a aplicación de rebaixas fiscais sobre o Ive aplicado a este tipo de ben-.

Tras coñecerse a postura contraria de populares e socialistas á toma en consideración desta proposta lexislativa, a representante do BNG quixo "pedirlle desculpas aos traballadores" de determinadas empresas electrointensivas, como Alcoa ou os contratados na central térmica de Meirama, que seguiron o debate desde a tribuna de invitados da Cámara galega.

A non aprobación desta iniciativa, razoou Pontón, "demostra unha vez máis" a "incoherencia" e a "frivolidade" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á hora de apoiar propostas que son positivas para Galicia.

Deste xeito, concluíu a súa exposición asegurando o seguinte: "Votamos en moitas ocasións sobre unha tarifa eléctrica galega, claro que si. E máis que imos votar".

O PP replica que sería "insolidario" co resto de España
Pontón respondeu así á intervención da parlamentaria do grupo maioritario do PPdeG Marta Nóvoa, quen reprochara á portavoz nacionalista o seu empeño nunha medida que considerou como "un mal negocio" para Galicia e "insolidaria co resto de España".

O PSdeG, pola súa banda, defendeu a través do seu deputado Abel Losada a actuación en materia eléctrica seguida polo Goberno central, que ten como obxectivos -repasou- o abaratamento dos custos da enerxía, o impulso do autoconsumo, o cumprimento dos obxectivos comunitarios en canto a renovables e a protección dos consumidores vulnerables.

Mentres tanto, Pancho Casal, de En Marea, si trasladou o apoio do seu grupo á iniciativa, a pesar de considerala "reduccionista" e "absolutamente ineficiente" á hora de solucionar a "maior estafa" existente en todo o Estado: o negocio do "oligopolio eléctrico". 

Comentarios