O PPdeG denuncia que o PSOE intenta "obstaculizar” a comisión do Marisquiño

O deputado Alberto Pazos carga contra os socialistas por impedir o acceso á documentación solicitada pola comisión de investigación

Un técnico de la Policía Nacional estudia qué pudo fallar en un paseo a simple vista muy deteriorado. TWITTER (pasarela de O Marisquiño)
photo_camera Un técnico de la Policía Nacional estudia qué pudo fallar en un paseo a simple vista muy deteriorado. TWITTER (pasarela de O Marisquiño)

O deputado do PPdeG Alberto Pazos denunciou este mércores o intento do PSOE de "obstaculizar" a comisión de investigación sobre o accidente do festival O Marisquiño que tivo lugar en Vigo o pasado mes de agosto.

En declaracións aos medios no corredor do Parlamento galego, o deputado cargou contra o proceder dos socialistas que, ademais de non participar na comisión logo de abandonala, agora impiden o acceso á documentación solicitada, censura.

A Mesa da comisión acordou a petición dos grupos solicitar diversas comparecencias como a do alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a xefa de Área de Explotación do Porto ou a delegada de Zona Franca no momento do accidente, Teresa Pedrosa, ademais un relatorio de documentación que aínda non chegou á Cámara.

A primeira petición foi o 13 de novembro e, ante o atraso da mesma, acordouse pospor as comparecencias para solicitar unha documentación que aínda non chegou por parte de ningunha administración socialista aínda que se deron situacións diversas.

Así, mentres desde Autoridade Portuaria apuntan que Portos do Estado considera que non deben facilitar documentación nin comparecer porque ningunha administración estatal ten obrigación de facelo, o propio López Veiga “di que non se opón” a facelo e incluso o considera positivo “porque nada hai que ocultar”.

Doutra banda, desde Zona Franca ponse “a disposición” a documentación pero “na súa sede en Vigo, non na Cámara” galega, o que dificultaría o traballo da comisión e ante o que os servizos do Parlamento enviaron un requirimento solicitando unha “copia” ou un enlace electrónico para poder acceder a ela.

Con todo, a peor predisposición é a do
goberno de Vigo que responde o Parlamento con strong<> “silencio total e absoluto” sendo a administración máis implicada no suceso, di o deputado 'popular'. “Estamos sinceramente preocupados con esta ausencia de resposta, que demostra que desde Vigo non teñen intención de responder ás 460 familias afectadas", sinala.

Por iso, Pazos, ante a existencia de “tres administracións do PSOE” que intentan “obstaculizar o normal funcionamento desta Cámara”, demanda que “recapaciten” e traballen co resto dos grupos para dar “resposta” ás vítimas coa intención de que un accidente destas características “non volva suceder”.

A pesar das trabas denunciadas, a Mesa aprobou un novo cronograma que situaría as comparecencias entre o 15 de xaneiro e a primeira semana de marzo.

Renovaríanse as comparecencias coas intervencións dos responsables do PP e a Marea de Vigo, seguidos dos organizadores do festival e técnicos.

Tras eles, citaranse aos responsables políticos do Concello, do porto de Vigo e, para rematar, da Xunta.

Deste xeito, é probable que o ditame da comisión estivese listo antes das eleccións municipais de maio.

Comentarios