Imprimir

Precísase máis rendemento, non máis clases

Tito Diéguez |

Galiciae | 13 de septiembre de 2019

MÁIS HORAS, menor rendemento. O último informe educativo da OCDE amosa que non por acumular tempo de clase se conseguen mellores resultados. España está na metade dunha táboa de destrezas encabezada como case sempre por Finlandia, cando a docencia é de 246 horas anuais máis que no país nórdico. Alí, á parte, todos falan inglés, e en España nin indo a clases particulares, a pesar da considerable suma das horas lectivas, máis que a media dos estados integrantes da OCDE. E isto cando quedaron 1.780 vacantes na pasada oposición, o que sitúa o grupo máis numeroso de profesores na banda de 50 a 59 anos. Non se produce renovación nun sistema envellecido. En Galicia as prazas sen cubrir superaron o 7%, alonxadas, iso si, das máis do 21% de Baleares, pero que eleva considerablemente a interinidade. O problema non é que cada comunidade teña un currículo, como critican algúns, senón o resultado de cada unha.
Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/precisase-mais-rendemento-non-mais-clases/20190913145255064924.html


© 2019 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)