Primeira morte por coronavirus en Galicia en case dous meses

A falecida é unha muller de 91 anos que estaba hospitalizada en Ourense
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
photo_camera Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP

Unha muller de 91 anos que dera positivo por coronavirus e estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense faleceu este venres. Fontes sanitarias apuntan que tiña patoloxías previas.

Esta é a primeira morte por coronavirus que se rexistra en Galicia desde o pasado 10 de xuño, cando faleceu un home de 83 anos en Vigo, e eleva a 620 a cifra total de vítimas mortais da pandemia na comunidade. 

O balance publicado este venres polo Sergas contén 444 casos activos de coronavirus en Galicia, 32 máis que na xornada anterior froito de repuntes en cinco áreas sanitarias. Hai algo máis de 20 persoas hospitalizadas.