O Servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín atendeu este martes, ao redor das 20,30 horas, primeira xestante trasladada desde esta localidade ao Complexo Hospitalario de Ourense para dar a luz, tras a decisión do peche do paritorio no centro comarcal e de acordo coas ordes recibidas por parte da Consellería de Sanidade.
Segundo explicaron a Europa Press fontes sanitarias do Hospital de Verín, a muller "rompera augas" pero "a exploración vaxinal demostraba que non estaba en fase activa de parto", polo que se acordou o seu traslado ao Hospital de Ourense, a uns 70 quilómetros de distancia.
O traslado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) realizouse nunha ambulancia e a muller foi acompañada por unha enfermeira. Segundo as fontes consultadas, durante a mañá deste mércores a muller aínda non dera a luz.