Prisión sen fianza para o agresor do Carballiño que arremeteu co seu coche contra o da súa ex

Está investigado por un delito de violencia sobre a muller con lesións e malos tratos

Cartel de repulsa contra la violencia machista.AEP
photo_camera Cartel contra a violencia machista. AEP

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o agresor do Carballiño que na tarde do luns arremeteu co seu coche contra o da súa exparella. O home está investigado por un delito de violencia sobre a muller con lesións e malos tratos, ademais doutro contra a seguridade viaria e outras lesións, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

O TSXG precisa que se trata dunha cualificación inicial. A relevante é a final, a que se producirá cando termine o proceso de instrución. 

O agora enviado a cárcere chocou co seu vehículo contra o da súa exparella nunha zona próxima á estación de tren do Carballiño. Despois acabou atropelando un peón, que tivo que ser atendido polos efectivos sanitarios. 

Comentarios