Prisión para un mozo de 18 anos por agredir sexualmente a unha amiga nun garaxe de Lugo

Os dous mozos estiveran de copas por locais do centro da cidade con outros dous amigos
Un detenido esposado. AEP
photo_camera Un detido esposado. AEP

Un mozo de 18 anos ingresou en prisión tras, presuntamente, agredir sexualmente a unha amiga súa, da mesma idade, nun garaxe da capital lucense.

Os dous mozos estiveran de copas por locais do centro da cidade con outros dous amigos. 

Ben entrada a madrugada o presunto agresor e a vítima, que estaban baixo os efectos do alcol, separáronse dos seus acompañantes.  

Foi entón cando el presuntamente forzou á súa amiga nun garaxe. Pola mañá, a moza presentou denuncia en comisaría. O mozo foi detido e ingresou en prisión, tras ser posto a disposición xudicial.

Comentarios