Propoñen unha folga xeral en Atención Primaria do 9 ao 11 de abril

Nunha reunión celebrada este mércores púxose sobre a mesa realizar unha invitación formal aos xefes de servizo de todas as áreas sanitarias de Galicia a emular a renuncia irrevogable dos de Vigo

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. RAFA FARIÑA
photo_camera Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. RAFA FARIÑA

A Coordinadora Galega de Atención Primaria sopesa a convocatoria dunha folga xeral para os días 9, 10 e 11 de abril, informaron a Efe fontes do colectivo.

Así o acordou a coordinadora durante unha reunión celebrada este luns en Santiago de Compostela, tras a cal haberá unha rolda de contactos con sindicatos, a Fegamp, as sociedades científicas e os colexios de médicos para solicitar o máximo respaldo posible.

Nesa reunión púxose sobre a mesa realizar unha invitación formal aos xefes de servizo de todas as áreas sanitarias de Galicia a emular a renuncia irrevogable dos de Vigo.

Desde a Coordinadora Galega de Atención Primaria esgrimen que un novo modelo "non é unha capa de pintura" e que non bastan os 17 millóns de euros anunciados por Sanidade "para arranxar estropicios". 

Comentarios