Imprimir

A próxima tempada competirán 102 equipos en Segunda División B

Redacción / Efe | 10 de agosto de 2020

Dividirase en cinco grupos de 20 equipos cada un, a falta de dous postos xa asignados, que, á súa vez, dividiranse en dez subgrupos de dez

Tras confirmarse os ascensos a Segunda División B de CD Lealdad, CD Alcoyano, CD Marino e Linares Deportivo, os catro equipos que non puideron disputar a fase adicional de ascenso de Terceira División tras ser suspendida ao detectarse varios positivos por Covid-19, a categoría de bronce contará con 102 equipos a próxima tempada.

Nun comunicado, o ente federativo español informa de que a decisión adoptouse ante a imposibilidade de atopar datas para disputar os partidos que foran programados e por un principio de prudencia sanitaria ante os rebrotes das últimas datas.

As prazas que deixan libres en Terceira División os ascensos destes catro equipos non serán cubertas.

A RFEF tomou a decisión de suspender os partidos que ían enfrontar a estes clubs os pasados 1 e 2 de agosto por causas de forza maior, despois de que nos tests que se practicaron aos xogadores á súa chegada á Cidade do Fútbol, sede dos encontros, detectásense tres positivos no CD Marino.

Posteriormente, as probas realizadas grazas ao dispositivo montado pola Consellería de Sanidade da Comunidade determino que os tres casos eran falsos positivos.

COMPETICIÓN. O formato da competición sufrirá cambios ante a situación que provocou a pandemia e de face ao gran xiro que dará na tempada 21-22. 

Segundo informa o Diario As, os 102 equipos dividiranse en cinco grupos de 20(queda por coñecer que sucederá cos dous postos xa asignados), que, á súa vez, dividiranse en dez subgrupos de dez. 

A fase regular constará de 18 encontros, os tres mellores de cada subgrupo poderá disputar unha fase previa para lograr o ascenso a Segunda División. Os 30 mellores formarán cinco novos subgrupos de seis equipos e de novo, os tres mellores, xogará unha fase de ascenso tradicional junyo ao mellor cuarto de todos os grupos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/deporte-general/proxima-tempada-competiran-102-equipos-segunda-division-b/20200810194622082991.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)